Calendario '22

 II GALIMPIADAS CALDELAS

Lugar e data:

1. O 24 e 25 de Xuño de 2022.

2. Celebraranse en Caldelas de Miño, na Capela, no Chiringo e no local da comunidade de Montes.

3. Prégase puntualidade por parte dos/das participantes.

Normas xerais:

1. Inscribiranse un máximo de 16 equipos con entre 5 e 10 participantes (maiores de idade) cada equipo.

2. O prezo é de 30 euros por equipo e cada equipo deberá traer a sua propia equipación (mesmas camisolas)

3. Os deportes das Galimpiadas serán: Billar, dardos, esquís de terra, tiro da corda, carreira de sacos por relevos, ran, pulso, futbolín, tenis de mesa e tute.

4. As persoas que veñan disfrazadas ou cun instrumento recibirán unha cerveza ou refresco de balde.

5. Gañará o equipo que mais puntos acade no conxunto das probas. No caso dun empate o equipo que máis puntos acadase no premio da xente será o vencedor.

Puntuación:

Premios:

Premios

Campión de Galiza: Trofeo + Medallas + Xamón + queixo + botella 100 pipers

Casecampión de Galiza: Trofeo + medallas + folla de bacallau + queixo + 3 botellas de viño

Apiquescasecampión de Galiza: Trofeo + medallas + longaniza + queixo + 2 atados de cervexa

Trofeo GMA: Comida valorada en 50 euros no Restaurante ´´ A Regueira`` en Salceda

O trofeo GMA (gich@ mais aplomad@) entregarase por decisión da organización a aquela persoa que máis represente os valores galímpicos.

Premio da xente: Copa + medallas + botella de 100 pipers + 3 botellas dde viño + 2 atados de cervexa.

Calquer persoa ( participe nas probas ou non) poderá dar un punto por cada consumición. O final do día, antes da entrega de premios, o equipo que mais puntos teña recibirá a Copa da xente.

*O tempo no que se desputa o premio é dende o remate da ceremonia de apertura ata a entrega do premio.

Programa

VENRES 24

A partir das 16:00 horas: Desfile inaugural das Galimpiadas. A Llama galímpica fara o seguinte percorrido: Chiringo ´´ Os Choróns``, ´´A Capela`` e rematará no local da Comunidade de Montes.

A partir das 19:00 horas: Ceremonia de apertura coa presentación dos equipos.

A partir das 19:30 horas: Disputaranse as seguintes probas

Na Capela: Dardos.

No Chiringo: Billar

No local da comunidade de Montes: Tute e Tenis de Mesa.

A partir das 11:59 horas: Concerto de Roberto Caco

SABADO 25:

A partir das 11:00 na ribeira xogaranse o tiro da corda, a carreira de sacos e os esquís de terra.

A partir das 14:00 horas. Xantaremos na casa da comunidade de montes. Comida e bebida a prezos populares.

A partir das 15:00 horas:

Na Capela o futbolín.

No Chiringo a Ran.

A partir das 18:00 horas o pulso no local da comunidade de Montes.

A partir das 20:00 horas entrega de premios.

A partir das 21:00 concerto de INEFABLES MICALIPS.

Normas:

Billar

Un participante por equipo. Xogarase a ´´Bola 8`` cantando. A primeira rolda ( os oitavos de final)

farase a só unha partida. A partires dos cuartos de final será o millor de 3.

Tute

2 contra 2. Farase ´´unha a 5`` para darlle axilidade.

Tenis de mesa

Un participante por equipo. O primeiro en chegar a 11 tantos gañara un xogo, xogarase a 3 xogos.

Dardos

Un participante por equipo. O xogo escollido é o 301.

Tiro da corda

5 participantes por equipo. Penso que todos entendemos a dinámica do xogo da corda.

Carreira de sacos por relevos

5 participantes por equipo. Cada equipo contará so cun saco. Faranse dúas eliminatorias de 8

equipos cada unha, os 4 mellores de cada eliminatoria pasarán á final.

Esquís de terra

4 participantes por equipo. Os participantes montarán sobre 2 tablas e terán que realizar a carreira

sen cair.

Ran

De cada equipo tirarán dous xogadores dúas veces cada un, o primeiro clasificado será o que mais

puntos acade en total e así sucesivamente.

Futbolín

2 participantes por equipo. A primeira rolda (os oitavos de final) serán so unha partida. A partires de

cuartos de final serán o mellor de 3 ata a final.

Pulso

Un participante por cada equipo. O gañador de cada pulso pasará a seguinte rolda ata a final. O pulso será coa man dereita.

MOITA SORTE XENTE NOVA!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario